De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
As persoas interesadas dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Gregorio Hernández, 2-4, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírtese que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– As sancións notificadas antes do día 15 de cada mes aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.
– As sancións notificadas despois do día 15 de cada mes aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 2 de marzo de 2026
Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Acta Inf. núm. |
Empresa |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
|
RL 2025/0697-1 |
I152025000137906 |
Tania Cho Roel |
Sada |
Obstrución |
18.2.2026 |
|
RL 2025/0698-1 |
I152025000138007 |
Tania Cho Roel |
Sada |
Relacións laborais |
18.2.2026 |
