DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18324

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 9 de marzo de 2026 polo que se dá publicidade ás resolucións da mesma data polas que se convocan concursos públicos para a contratación de persoal docente e investigador.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), en diante, LOSU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, en uso das competencias recoñecidas pola LOSU, resolve anunciar as convocatorias dos seguintes concursos públicos nas seguintes categorías:

Ref.: 2024-MG-2-X.

Categoría: profesorado axudante doutor (María Goyri 2024, reconvocatoria de praza deserta).

Número de prazas: 1.

Ref.: 2026-MG-X.

Categoría: profesorado axudante doutor (María Goyri 2026).

Número de prazas: 8.

A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/ convocatoria/public/index, filtrando por tipo: «Concursos de profesorado» e empregando como palabras chave a referencia. Para máis información e aclaración de dúbidas poden dirixirse ao Servizo de Persoal Docente e Investigador no teléfono 986 81 37 65 e no enderezo de correo electrónico consultapdi@uvigo.gal

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e deberanse dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos nas respectivas convocatorias.

Vigo, 9 de marzo de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo