DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 17 de marzo de 2026 Páx. 18513

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 33, condutor/a autobomba de defensa contra incendios forestais, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 23 de febreiro de 2026 (DOG núm. 36, do 24 de febreiro), modificada pola Resolución do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 40, do 2 de marzo), ao cal foi convocado o persoal laboral fixo que superou o proceso selectivo para o ingreso na categoría 33, condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 33, condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución ordenadas de acordo coa puntuación final obtida e adxudicarlles como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun (1) mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que as persoas aspirantes se atopen en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categ.

Observacións

1

***7390**

Graña Fernández, José Manuel

183

MRC995007127060150

Bombeiro/a forestal - condutor/a de motobomba

MR

Comarca forestal: Os Ancares

Servizos periféricos

Becerreá

IV

33

B10 // B11 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €.

2

***4076**

López Aldrey, Manuel

Excluído segundo o artigo 11.1 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a

redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia

3

***4289**

Fraga Santiago, Pedro

Renuncia

4

***7747**

Insua Castro, José Miguel

8

MRC995002215170153

Bombeiro/a forestal - condutor/a de motobomba

MR

Comarca forestal: A Coruña

Servizos periféricos

Cambre

IV

33

B10 // B11 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €.

5

***8147**

Ginzo García, Adolfo

133

MRC995014232340155

Bombeiro/a forestal - condutor/a de motobomba

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

IV

33

B10 // B11 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €.

6

***4539**

Fernández García, Juan Manuel

28

MRC995009327310155

Bombeiro/a forestal - condutor/a de motobomba

MR

Comarca forestal: A Ulloa

Servizos periféricos

Monterroso

IV

33

B10 // B11 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €.

7

***6163**

Alfonso Gándara, Juan Manuel

223

MRC995019136590156

Bombeiro/a forestal - condutor/a de motobomba

MR

Comarca forestal: Caldas - O Salnés

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

IV

33

B10 // B11 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €.

8

***1375**

Martínez Barja, Javier

164

MRC995014232340157

Bombeiro/a forestal - condutor/a de motobomba

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

IV

33

B10 // B11 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €.

9

***9027**

Gantes Pazos, Víctor

41

MRC995002215170150

Bombeiro/a forestal - condutor/a de motobomba

MR

Comarca forestal: A Coruña

Servizos periféricos

Cambre

IV

33

B10 // B11 // B14 // B18 // Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €.