De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselle que contra a resolución se poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 20 de febreiro de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Nº expediente: 2025/133-36.
Persoa interesada: 76865881L.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 13 de novembro de 2025.
Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.
