DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 18 de marzo de 2026 Páx. 18783

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (DOG núm. 162, do 26 de agosto) e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos
marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción

Tribunal titular:

Presidencia:

– Álvaro Baaliña Insua, profesor titular da Área de Máquinas e Motores Térmicos do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.

Secretaría:

– Fátima Sanmiguel Santiso, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Manuel Romero Gómez, profesor titular da Área de Máquinas e Motores Térmicos do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.

–Antonio Enrique Masdías Bonome, profesor titular da Área de Enxeñaría Eléctrica do Departamento de Enxeñaría Industrial da Universidade da Coruña.

-Patricia Brión Cabanelas, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Javier Fraga Vázquez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Pablo Jesús García Freire, funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Vogais:

– Javier Romero Gómez, profesor titular da Área de Máquinas e Motores Térmicos do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.

– Alba Flavia Nieto Suárez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Oliva Amorín López, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.