Na sesión que tivo lugar o 9 de marzo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 23, do 4 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de bioloxía pesqueira, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (DOG número 162, do 26 de agosto), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio terá lugar o día 24 de marzo de 2026 en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
As persoas aspirantes deberán ir provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno acreditativo que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade, así como lapis do número 2 e goma de borrar.
Así mesmo, e de acordo coa base II.1.1.1, as persoas aspirantes non poderán facer uso de manuais ou textos legais ou de consulta para realizar esta proba.
Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poidan valer as persoas aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026
María Carmen Morales de la Fuente
Presidenta do tribunal
