DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 18 de marzo de 2026 Páx. 18794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 5 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador ANI-LU-0004/2026-V e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rolda da Muralla, nº 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 5 de marzo de 2026

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Acto adoptado

ANI-LU-0004/2026-V

33848664R

Acordo de incoación

Polo director territorial

ANI-LU-0005/2026-V

33559341H

Acordo de incoación

Polo director territorial

ANI-LU-0013/2026-V

33547639T

Acordo de incoación

Polo director territorial

ANI-LU-0053/2025-V

79239522Z

Proposta de resolución

Pola instrutora

ANI-LU-0096/2025-V

51114867N

Resolución

Polo director territorial