DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 18 de marzo de 2026 Páx. 18792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 5 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución de concesión de ocupación de dous mil douscentos sesenta e oito con setenta e cinco (2.268,75) metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, con destino á execución do proxecto de humanización da travesía estrada da praia en Meira-Moaña.

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 24 de novembro de 2025, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:

Titular: Concello de Moaña.

Destino: humanización da travesía estrada da praia en Meira-Moaña, promovida polo Concello de Moaña.

Superficie: 2.268,75 m².

Prazo: 15 anos.

Canon: exento.

A resolución completa poderase consultar na seguinte ligazón:

https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2025/RES-FAV-CONC-PO-2025-052C.pdf

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático