DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 19040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 9 de marzo de 2026, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador do 12 de febreiro de 2026 (expediente LU-S-59/2025).

Intentada a notificación á persoa interesada que se relaciona no anexo da resolución do procedemento sancionador no expediente LU-S-59/2025, non puido ser efectuada por causas non imputables á Administración.

Dado que estes actos non se publican na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os textos íntegros dos actos que se notifican atópanse á disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, Lugo), no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Lugo, 9 de marzo de 2026

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente

LU-S-59/2025

Denunciado

X9909039H

Establecemento

Euforia

Enderezo

Rolda da Muralla, 165, baixo

Localidade

Lugo

Preceptos infrinxidos

Artigo 35.h) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia

Tipificación da infracción

Artigo 109.2.d) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia

Cualificación

Leve

Iniciación

4 de novembro de 2025

Sanción

Multa de cen euros (100 €)