Mediante a Resolución do 16 de febreiro de 2026 (DOG número 33, do 19 de febreiro), a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatística.
A base VIII da convocatoria establece: «1. Expirados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia en que se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas».
En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatística.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>.
A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.
As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.
Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.
A estimación ou a desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.
As persoas solicitantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que sexan motivo da exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Pérez-Gorostiaga |
Silva |
Fernando |
***0551** |
4,13 |
|
Varela |
Dos Santos |
Isabel |
***8159** |
10 |
Relación das causas de exclusión:
|
Cód. da causa |
Causas de exclusión |
|
4 |
Falta o nomeamento para o corpo/escala desde o cal concursa |
|
10 |
Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada |
|
13 |
Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo |
