En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 169, do 6 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2) convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 do febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).
Segundo a base I.2.8 da convocatoria non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence ao mesmo corpo, polo que
DISPOÑO:
Excluír as seguintes persoas do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
***0564** |
Filgueiras Montero, Jorge |
Libre |
44 |
|
***1866** |
Rodríguez Vázquez, Jorge |
Libre |
44 |
|
44 |
Xa pertence ao corpo, escala ou categoría á que se presenta |
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
