Na sesión que tivo lugar o 16 de marzo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no DOG núm. 193, do 10 de outubro) e modificada pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 13 de maio de 2025 (DOG núm. 96, do 21 de maio) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante as resolucións do 11 de xullo de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro) e do 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal.
Mediante a Resolución do 23 de febreiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 36, do 24 de febreiro), modificada pola Resolución do 27 de febreiro (DOG núm. 40, do 2 de marzo), convócanse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro).
Mediante esta resolución resólvese o decaemento das persoas aspirantes que se relacionan no seu anexo I con indicación do motivo.
|
Nº orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Motivo da exclusión |
|
34 |
***0933** |
Pampín Rodríguez, Alejandro |
1 |
|
38 |
***9624** |
Seoane Soto, Javier Andrés |
44 |
|
40 |
***9459** |
Santiso Santos, Juan |
2 |
|
52 |
***1223** |
Suárez Mesías, Cristian |
1 |
|
53 |
***5655** |
Fernández Barreiro, Nilo |
2 |
|
56 |
***6360** |
Dasilva Domínguez, Alba |
1 |
1. Renuncia.
2. Non presentar a documentación no prazo fixado (base V.2 da convocatoria).
44. Xa pertence ao corpo ou escala.
Mediante a Resolución do 11 de marzo de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública, noméanse persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro), e adxudícaselles destino definitivo.
Mediante esta resolución acéptase a renuncia e resólvense as exclusións das seguintes persoas aspirantes:
|
Nº orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Motivo da exclusión |
|
24 |
***6139** |
Blanco Cacheda, Adrián |
1 |
|
27 |
***7573** |
Durán Durán, Pablo |
1 |
|
30 |
***9672** |
Cibreiro Vizoso, Noelia |
1 |
|
31 |
***7392** |
Ferreiro Felpeto, Francisco |
2 |
|
32 |
***3738** |
López Fernández, Raúl |
1 |
|
36 |
***3602** |
Tallón Fernández, Susana |
1 |
|
37 |
***3163** |
Regueira Miguens, Manuel |
1 |
|
42 |
***9306** |
García Freire, Óscar |
1 |
|
44 |
***6902** |
Enríquez Díaz, Iago |
1 |
|
47 |
***4260** |
Barrera González, Adrián |
2 |
|
49 |
***9490** |
Iglesias Bregua, José Antonio |
1 |
1. Renuncia.
2. Excluído segundo o artigo 11.1 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.
O 13 de marzo de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña 17 novas persoas aspirantes.
A base IV.6 da convocatoria dispón que «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas [...]. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».
Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026
David Prieto Fernández
Presidente do tribunal
ANEXO I
Relación complementaria de persoas aspirantes
que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: C2 (concurso-oposición).
Corpo/categoría: corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro forestal (207U).
Prazas acceso libre: 57.
Prazas acceso base I.1.1: 0.
|
Nº orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
41 |
***2823** |
Arias Ferrer, Gabino |
Libre |
56,730 |
|
42 |
***7164** |
Villa Ruiz, Manuel |
Libre |
56,190 |
|
43 |
***0947** |
García Collazo, Samuel Olaf |
Libre |
56,140 |
|
44 |
***3128** |
Porto Moldes, Jorge |
Libre |
56,050 |
|
45 |
***8189** |
López Toimil, Adrián |
Libre |
55,875 |
|
46 |
***1826** |
Mosquera Castro, José Breogán |
Libre |
55,760 |
|
47 |
***7201** |
Mallo Sánchez, Pablo-Manuel |
Libre |
55,640 |
|
48 |
***0331** |
Vázquez Cortegoso, José |
Libre |
55,495 |
|
49 |
***4836** |
Bouza Murias, Jesús |
Libre |
55,070 |
|
50 |
***0682** |
Silva García, Raúl Andrés |
Libre |
54,780 |
|
51 |
***6508** |
Losada Valiña, José Manuel |
Libre |
54,550 |
|
52 |
***8003** |
Fernández Domínguez, Pablo |
Libre |
54,440 |
|
53 |
***1440** |
Caamaño Caamaño, Darío |
Libre |
54,260 |
|
54 |
***5874** |
Arriba Polín, Pedro José de |
Libre |
54,230 |
|
55 |
***4443** |
Rubio Díaz, Miguel |
Libre |
53,780 |
|
56 |
***9320** |
Rodríguez Sotelo, Yago |
Libre |
53,735 |
|
57 |
***3727** |
García Agrelo, Antonio |
Libre |
53,625 |
