DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 19007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de modificación do treito final da LAT 132 kV Irixo-Lalín.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, ignórese o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación do treito final da LAT 132 kV Irixo-Lalín que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 6 de marzo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2007/169-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Modificación do treito final da LAT 132 kV Irixo-Lalín.

Concello: Lalín.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

945

36024A09500146

Hros. María Olga Baldonedo Iglesias

2026/54/50

953

36024A09500531

José Iglesias Fernández

Pilar Iglesias Fernández

Carmen Iglesias Fernández

Manuel Andrés Iglesias Fernández

2026/54/49

955

36024A09500142

José Iglesias Fernández

Pilar Iglesias Fernández

Carmen Iglesias Fernández

Manuel Andrés Iglesias Fernández

2026/54/48