Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas cuxos dereitos poidan resultar afectados polas resolucións do 28 de xaneiro de 2026 polas que se cancelan as solicitudes de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pol Fracción segunda cuarta 1, núm. 5527.241; Pol Fracción segunda cuarta 2, núm. 5527.242, e Pol Fracción segunda quinta, núm. 5527.25, situadas nos termos municipais de Pol e Castro de Rei, na provincia de Lugo.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria, sita na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Lugo, 9 de marzo de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto obxecto de notificación |
|
Pol núm. 5527.241 |
Descoñecida |
Resolución de cancelación de solicitude |
|
Pol núm. 5527.242 |
Descoñecida |
Resolución de cancelación de solicitude |
|
Pol núm. 5527.25 |
Descoñecida |
Resolución de cancelación de solicitude |
