No Diario Oficial de Galicia número 238, do 10 de decembro de 2025, publícase a Resolución do 27 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT302D).
De conformidade co artigo 19.3 das bases reguladoras, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (D.A. do Acordo do 24 de xullo de 2012; DOG núm. 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 19.1.
Así mesmo, os artigos 11 e 19.4 das bases establecen que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que determina que esta publicación producirá os efectos da notificación.
Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 9 de marzo de 2026 a resolución que finaliza o procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de marzo de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 27 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT302D), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de marzo de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Resolución do 9 de marzo de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 27 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT302D)
Antecedentes administrativos:
1. O día 10 de decembro de 2025 publicouse a Resolución do 27 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT302D).
2. Rematado o prazo de presentación de solicitudes o 12 de xaneiro de 2026, as relacionadas no anexo I, procédese ao seu estudo e comprobación da documentación complementaria presentada e realízanse os pertinentes requirimentos.
3. O día 3 de marzo reúnese a comisión avaliadora, nomeada por resolución do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) o día 16 de febreiro de 2026, para o estudo e a análise das solicitudes e documentación complementaria que se relacionan no anexo III por seren as que cumpren co establecido nas bases da convocatoria.
4. O día 5 de marzo de 2026, unha vez instruído o procedemento e entregado o informe preceptivo por parte da comisión avaliadora, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, como órgano instrutor, emitiu informe e ditou unha proposta de resolución en que se indica o número de solicitudes presentadas, admitidas, inadmitidas e/ou desistidas, as solicitudes susceptibles de percibir subvención e o importe económico que se propón para cada unha delas.
Consideracións legais e técnicas:
1. É competente para a resolución de concesión da subvención o presidente do Consello Reitor da Agadic, de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Resolución do 27 de novembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras de subvención, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas (CT302D).
2. Todos os expedientes das solicitudes da subvención para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas, ao abeiro da convocatoria para o ano 2026, co código de procedemento CT302D, foron tramitados e estudados conforme as bases desta.
3. O día 3 de marzo de 2026 reúnese a Comisión de Avaliación para estudo e análise das solicitudes que se relacionan no anexo III.
Tras esta reunión, a Comisión de avaliación redacta a acta e o seu informe coa relación de solicitudes e a puntuación acadada por cada unha delas en aplicación dos criterios de avaliación establecidos nas bases. Esta relación coa puntuación expresada de maior a menor está recollida no anexo IV.
4. Como resultado de todo o proceso, o director da Agadic emite informe e presenta a súa proposta de resolución, de conformidade co artigo 19.1 das bases reguladoras, o día 5 de marzo de 2026.
Por todo o anteriormente exposto, tras examinar a proposta de resolución do director de Agadic, e de conformidade con ela,
RESOLVO:
1. Inadmitir e declarar a desistencia, por non cumpriren os requisitos establecidos pola convocatoria, das entidades solicitantes que se relaciona no anexo II.
2. Admitir as solicitudes que se relacionan no anexo III, por cumpriren os requisitos establecidos pola convocatoria.
3. Conceder a subvención, polos importes que se expresan, por cumpriren os requisitos establecidos pola convocatoria, ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo V.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.
b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.
Esta resolución notificaráselle á entidade interesada, de xeito complementario á súa publicación.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026. José Carlos López Campos, presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.
ANEXO I
Solicitudes recibidas
|
Expediente |
NIF |
Persoa solicitante |
Proxecto |
|
AG/S/2026XA/A/0001 |
B56853062 |
Tremendo Audio, S.L. |
Ciclo Tremendos Concertos |
|
AG/S/2026XA/A/0002 |
B75624320 |
Lasala Clubdirecto, S.L. |
Contratación grupos |
|
AG/S/2026XA/A/0003 |
F70353982 |
Urdime, S. Coop. Galega |
Ciclo Nunha sala |
|
AG/S/2026XA/A/0004 |
B15547235 |
Nordesía Produccións, S.L. |
|
|
AG/S/2026XA/A/0005 |
***2906** |
Víctor Gómez Ruiz |
Centro Cultural Santa Emilia |
|
AG/S/2026XA/A/0006 |
B94168705 |
Play Plan Cultural, S.L. |
Xira Play Plan 2026 |
|
AG/S/2026XA/A/0007 |
B27786045 |
Esmerarte Industrias Creativas, S.L.U. |
Programación musical en salas 2026 |
|
AG/S/2026XA/A/0008 |
***6132** |
Ana Belén Tajes García |
|
|
AG/S/2026XA/A/0009 |
F70514179 |
Charlatana, S. Coop. Galega |
Enraigadas |
|
AG/S/2026XA/A/0010 |
B36954915 |
La Sonrisa de Vigo, S.L. |
La Sonrisa de Vigo, S.L. |
|
AG/S/2026XA/A/0011 |
B36527315 |
Ernie Producciones, S.L. |
Ciclo Orixe |
|
AG/S/2026XA/A/0012 |
J70285572 |
Dotbeat, S.C. |
O son dos arrieiros |
|
AG/S/2026XA/A/0013 |
B27383306 |
Lucus Sistema Informática, S.L. |
|
|
AG/S/2026XA/A/0014 |
***9171** |
Sara García Cabeza |
|
|
AG/S/2026XA/A/0015 |
F72928997 |
Nave de Lata, Soc. Coop. Galega |
Programación musical de Luneda Producións en salas privadas 2026 e 2027 |
|
AG/S/2026XA/A/0016 |
B94017936 |
Cape Produccións, S.L. |
Programacións Kármicas |
|
AG/S/2026XA/A/0017 |
J55378822 |
Off Stage, S.C. |
Reverso |
|
AG/S/2026XA/A/0018 |
B10742666 |
Artyc Content, S.L. |
Programación salas de concertos de Galicia 2026-2027 |
|
AG/S/2026XA/A/0019 |
B70253752 |
La Yogurtera, S.L. |
Programa de concertos salas Galicia 2026-27 |
ANEXO II
Relación de solicitudes non admitidas e desistidas
|
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Proxecto |
Causa de |
|
AG/S/2026XA/A/0008 |
***6132** |
Ana Belén Tajes García |
Artigo 9.2.4 das bases da convocatoria |
|
|
AG/S/2026XA/A/0013 |
B27383306 |
Lucus Sistema Informática, S.L. |
Artigo 2.3 das bases da convocatoria |
|
|
AG/S/2026XA/A/0017 |
J55378822 |
Off Stage, S.C. |
Reverso |
Artigo 2.3 das bases da convocatoria |
|
AG/S/2026XA/A/0001 |
B56853062 |
Tremendo Audio, S.L. |
Ciclo Tremendos Concertos |
Artigo 8.2 das bases da convocatoria |
|
AG/S/2026XA/A/0002 |
B75624320 |
Lasala Clubdirecto, S.L. |
Contratación grupos |
Artigo 8.2 das bases da convocatoria |
|
AG/S/2026XA/A/0004 |
B15547235 |
Nordesía Produccións, S.L. |
Artigo 8.2 das bases da convocatoria |
|
|
AG/S/2026XA/A/0005 |
***2906** |
Víctor Gómez Ruiz |
Centro Cultural Santa Emilia |
Artigo 8.2 das bases da convocatoria |
|
AG/S/2026XA/A/0006 |
B94168705 |
Play Plan Cultural, S.L. |
Xira Play Plan 2026 |
Artigo 8.2 das bases da convocatoria |
|
AG/S/2026XA/A/0014 |
***9171** |
Sara García Cabeza |
Artigo 8.2 das bases da convocatoria |
|
|
AG/S/2026XA/A/0019 |
B70253752 |
La Yogurtera, S.L. |
Programa de concertos salas Galicia 2026-2027 |
Renuncia á súa solicitude |
ANEXO III
Relación de solicitudes admitidas para avaliación
|
Expediente |
NIF |
Persoa solicitante |
Proxecto |
|
AG/S/2026XA/A/0003 |
F70353982 |
Urdime, S. Coop. Galega |
Ciclo Nunha sala |
|
AG/S/2026XA/A/0007 |
B27786045 |
Esmerarte Industrias Creativas, S.L.U. |
Programación musical en salas 2026 |
|
AG/S/2026XA/A/0009 |
F70514179 |
Charlatana, S. Coop. Galega |
Enraigadas |
|
AG/S/2026XA/A/0010 |
B36954915 |
La Sonrisa de Vigo, S.L. |
La Sonrisa de Vigo, S.L. |
|
AG/S/2026XA/A/0011 |
B36527315 |
Ernie Producciones, S.L. |
Ciclo Orixe |
|
AG/S/2026XA/A 0012 |
J70285572 |
Dotbeat, S.C. |
O son dos arrieiros |
|
AG/S/2026XA/A/0015 |
F72928997 |
Nave de Lata, Soc. Coop. Galega |
Programación musical de Luneda Producións en salas privadas 2026 e 2027 |
|
AG/S/2026XA/A/0016 |
B94017936 |
Cape Produccións, S.L. |
Programacións Kármicas |
|
AG/S/2026XA/A/0018 |
B10742666 |
Artyc Content, S.L. |
Programación salas de concertos de Galicia 2026-2027 |
ANEXO IV
Solicitudes por orde de prelación segundo a puntuación obtida
|
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Proxecto |
Puntuación |
||
|
Criterios automáticos |
Criterios técnicos |
Total |
||||
|
AG/S/2026XA/A/0003 |
F70353982 |
Urdime, S. Coop. Galega |
Ciclo Nunha sala |
47,00 |
18,50 |
65,50 |
|
AG/S/2026XA/A/0018 |
B10742666 |
Artyc Content, S.L. |
Programación salas de concertos de Galicia 2026-2027 |
44,00 |
21,00 |
65,00 |
|
AG/S/2026XA/A/0012 |
J70285572 |
Dotbeat, S.C. |
O son dos arrieiros |
37,00 |
24,33 |
61,33 |
|
AG/S/2026XA/A/0015 |
F72928997 |
Nave de Lata, Soc. Coop. Galega |
Programación musical de Luneda Producións en salas privadas 2026 e 2027 |
41,00 |
20,00 |
61,00 |
|
AG/S/2026XA/A/0011 |
B36527315 |
Ernie Producciones, S.L. |
Ciclo Orixe |
39,00 |
19,83 |
58,83 |
|
AG/S/2026XA/A/0009 |
F70514179 |
Charlatana, S. Coop. Galega |
Enraigadas |
40,00 |
17,00 |
57,00 |
|
AG/S/2026XA/A/0007 |
B27786045 |
Esmerarte Industrias Creativas, S.L.U. |
Programación musical en salas 2026 |
31,00 |
18,83 |
49,83 |
|
AG/S/2026XA/A/0010 |
B36954915 |
La Sonrisa de Vigo, S.L. |
La Sonrisa de Vigo, S.L. |
31,00 |
17,67 |
48,67 |
|
AG/S/2026XA/A/0016 |
B94017936 |
Cape Produccións, S.L. |
Programacións Kármicas |
27,00 |
18,33 |
45,33 |
ANEXO V
Solicitudes propostas para seren subvencionadas
|
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Proxecto |
Importe solicitado |
Importe concedido |
2026 |
2027 |
|
AG/S/2026XA/A/0003 |
F70353982 |
Urdime, S. Coop. Galega |
Ciclo Nunha sala |
36.155,00 € |
36.155,00 € |
18.077,50 € |
18.077,50 € |
|
AG/S/2026XA/A/0007 |
B27786045 |
Esmerarte Industrias Creativas, S.L.U. |
Programación musical en salas 2026 |
34.000,00 € |
34.000,00 € |
17.000,00 € |
17.000,00 € |
|
AG/S/2026XA/A/0009 |
F70514179 |
Charlatana, S. Coop. Galega |
Enraigadas |
45.767,50 € |
45.767,50 € |
22.883,75 € |
22.883,75 € |
|
AG/S/2026XA/A/0010 |
B36954915 |
La Sonrisa de Vigo, S.L. |
La Sonrisa de Vigo, S.L. |
36.182,00 € |
36.182,00 € |
18.091,00 € |
18.091,00 € |
|
AG/S/2026XA/A/0011 |
B36527315 |
Ernie Producciones, S.L. |
Ciclo Orixe |
41.805,37 € |
35.640,00 € |
17.820,00 € |
17.820,00 € |
|
AG/S/2026XA/A/0012 |
J70285572 |
Dotbeat, S.C. |
O son dos arrieiros |
45.000,00 € |
42.240,00 € |
21.120,00 € |
21.120,00 € |
|
AG/S/2026XA/A/0015 |
F72928997 |
Nave de Lata, Soc. Coop. Galega |
Programación musical de Luneda Producións en salas privadas 2026 e 2027 |
42.711,00 € |
42.711,00 € |
21.355,50 € |
21.355,50 € |
|
AG/S/2026XA/A/0016 |
B94017936 |
Cape Produccións, S.L. |
Programacións Kármicas |
42.785,60 € |
35.890,52 € |
17.945,26 € |
17.945,26 € |
|
AG/S/2026XA/A/0018 |
B10742666 |
Artyc Content, S.L. |
Programación salas de concertos de Galicia 2026-2027 |
50.000,00 € |
50.000,00 € |
25.000,00 € |
25.000,00 € |
