DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 19047

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2026, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de información pública do Convenio urbanístico de execución de planeamento, zona 3, praza de España, sobre as parcelas sitas na praza de España entre a rúa Pizarro (norte), a rúa Puerto Rico (sur) e a rúa Honduras (leste) (expediente 5353/401).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión ordinaria do día 21 de novembro de 2025, acordou aprobar o proxecto de texto inicial, que figura anexo á súa certificación, co seguinte título: Proposta de Convenio urbanístico de execución de planeamento, zona 3, sobre as parcelas sitas na praza de España, entre a rúa Pizarro (norte), a rúa Puerto Rico (sur) e a rúa Honduras (leste).

O dito convenio asinouse nas dependencias municipais da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, o 22 de xaneiro de 2026.

De conformidade co disposto no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), unha vez negociados e subscritos, os convenios someteranse ao trámite de información pública, mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, durante un período mínimo dun mes (artigo 168.1 da LSG).

Na seguinte ligazón, na epígrafe de Convenios urbanísticos, poderá consultarse o convenio asinado o 22 de xaneiro de 2026, xunto coa certificación do acordo íntegro adoptado pola Xunta de Goberno Local do 21 de novembro de 2025:

https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom_2025.php?lang=gal

Vigo, 30 de xaneiro de 2026

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda