DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 20 de marzo de 2026 Páx. 19052

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2026, da Xerencia Municipal de Urbanismo, do recurso contencioso-administrativo PO 4433/2025.

Nesta Administración recibiuse un oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso contencioso-administrativo número 4433/2025, procedemento ordinario, interposto por M. P. Fraiz Varela contra o Acordo do Pleno do Concello de Vigo, do 26 de maio de 2025, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, aprobado na revisión do Plan xeral de ordenación urbana de 1993, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no dito oficio, a Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou remitirlle o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer e constituírse como parte demandada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 13 de febreiro de 2026

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda