Mediante o Anuncio do 31 de decembro de 2025, publicado no Diario Oficial de Galicia número 252, do mércores 31 de decembro, convocouse a cobertura do posto de xerente.
De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o nomeamento corresponde ao Consello de Administración e que a resolución do proceso selectivo se publicará no Diario Oficial de Galicia. En virtude do anterior, o Consello de Administración que tivo lugar o día 13 de marzo de 2026,
ACORDOU:
Con base na proposta do tribunal de selección, nomear xerente de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a Diego Toja García.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026
Margarita Ardao Rodríguez
Presidenta do Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.
