De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos, tras intentar dúas veces a notificación sen que se puidese efectuar.
O acto foi adoptado polo instrutor do expediente 13/2024 B da Comisión Galega de Control da Violencia.
Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, para examinar o contido íntegro deste acto na sede da Comisión Galega de Control da Violencia –Secretaría Xeral para o Deporte– rúa Madrid, núm. 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos, o día seguinte do vencemento do citado prazo.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2026
Sandra García Gut
Secretaria da Comisión Galega de Control da Violencia
ANEXO
Núm. de expediente: 13/2024 B CGCV.
NIF da persoa interesada: 71504729Y.
Acto notificado: trámite de audiencia de expediente sancionador.
