Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada da Substitución de CT Carballal 15CU83 para instalación de telecontrol, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2023/281-1), por resolución deste departamento territorial, do 13 de outubro de 2025, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 28 de abril de 2026 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Valdoviño, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 12.9.2023, no BOP do 25.8.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 8.9.2023, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas na oficina da casa consistorial do dito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 25 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
