DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 23 de marzo de 2026 Páx. 19168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2025/1-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado 1 do proxecto denominado LMT, CT e RBT San Cibrao das Viñas, na Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer neste acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 9 de marzo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2025/1-3.

Instalación: modificado 1 do proxecto denominado LMT, CT e RBT San Cibrao das Viñas.

Concello: San Cibrao das Viñas.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 20 de abril de 2026.

Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

Hora: véxase a táboa.

Predio nº

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

1

Farixa

32076A001001690000UK

Ana María Delgado Blanco

13.00