DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 23 de marzo de 2026 Páx. 19164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles comunica aos titulares o traslado das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Monterrei (expediente IN407A 2024/93-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e os dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VII810 no tramo entre os apoios número 42.765 e número BVUCQBLL, situada no concello de Monterrei, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícaselles a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das personas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As personas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 9 de marzo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/93-3.

Instalación: Regulamentación LMTA VII810 no tramo entre os apoios núm. 42.765 e núm. BVUCQBLL.

Concello: Monterrei.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data da acta de ocupación

1

A Ribeira

32051B504012840000HG

María del Carmen Nieto Novoa

10.12.2025