De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 9 de marzo de 2026, do proxecto de campamento de turismo na parroquia de Borela, no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), promovido por Finca Galicia Aventura, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
