Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de apoios na LMTA RED712, que se realizarán na casa do concello de Mos, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas interesadas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 10 de marzo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/554-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Instalación de apoios na LMTA RED712.
Concello: Mos.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Data |
Hora |
|
1 |
36033A001002640000SM |
Fonte Seca |
Descoñecido |
15 de maio de 2026 |
13.00 |
|
2 |
36033A001002650000SO |
Fonte Seca |
Descoñecido |
15 de maio de 2026 |
13.00 |
|
3 |
36033A001002760000SS |
Pelayo |
Descoñecido |
15 de maio de 2026 |
13.00 |
