BDNS (Identif.): 893931.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/893931
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as empresas e as persoas traballadoras autónomas con sucursal ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia e que se dediquen ao management de artistas ou formacións musicais ou á edición fonográfica.
Enténdese por management a xestión, promoción, asesoramento e planificación da carreira profesional de artistas e formacións musicais nun mercado profesional e competitivo.
Enténdese por edición fonográfica a fixación de audio nun soporte para a súa comunicación ou publicación.
Segundo. Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 5 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical, e se procede á convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207L).
Cuarto. Importe
Estas axudas financiaranse cun crédito total de 150.000 euros, distribuídos en dúas anualidades, 75.000 euros na anualidade 2026 e 75.000 euros na anualidade 2027, imputables á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770.0, do código de proxecto 2015 00003, da Axencia Galega das Industrias Culturais.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2026
José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais
