Aprobadas pola Xunta Municipal de Goberno, que tivo lugar o 2 de marzo de 2026 as seguintes bases para selección de prazas incluídas na oferta pública de emprego do Concello de Ares para o ano 2025, faise pública a publicación da aprobación das seguintes:
– As bases para a selección de tres prazas de administrativo/a por promoción interna mediante oposición (persoal laboral) publicáronse no BOP do 16 de marzo de 2026.
– As bases para a selección dunha praza de auxiliar administrativo, quenda libre, mediante oposición (funcionario) publicáronse no BOP do 17 de marzo de 2026.
– As bases para a selección dunha praza de oficial nave de almacén, quenda libre, mediante concurso-oposición (persoal laboral) publicáronse no BOP do 17 de marzo de 2026.
Ares, 17 de marzo de 2026
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde presidente
