DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 25 de marzo de 2026 Páx. 19805

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da Unidade de Hospitalización de Obstetricia do Hospital Álvaro Cunqueiro.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e a Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse pola Resolución CM 12/2025, do 19 de setembro (DOG núm. 188, do 30 de setembro), a provisión, polo sistema de concurso de méritos, do posto de supervisor/a da Unidade de Hospitalización de Obstetricia do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Con base no Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da Unidade de Obstetricia do Hospital Álvaro Cunqueiro, convocada pola Resolución do 19 de setembro de 2025.

Segundo. Declarar deserto o posto convocado de conformidade coa base quinta da convocatoria.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 16 de marzo de 2026

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo