A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Tribunal de Instancia Sección do Contencioso-Administrativo Praza núm. 4 da Coruña, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 301/2025, en relación co concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024 (DOG número 94, do 15 de maio).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido tribunal. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido tribunal, no prazo de nove días contados dende o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
