DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 25 de marzo de 2026 Páx. 19819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2025/29-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avda. América, 38, 28028, Madrid.

Denominación: adecuación CT Agüeira-27CB08 (Becerreá).

Situación: Concello de Becerreá.

Características técnicas principais:

• Substitución do CT existente de caseta Agüeira 27CB08 (expediente 09/99-AT) por un CT intemperie sobre apoio metálico tipo C-12/2000, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Substitución de 7 metros de condutor tipo LA-30 por LA-56 correspondentes ao último van que alimenta ao CTI.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 20.628,56 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Becerreá.

• Separata para a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

• Separata para a Consellería de Medio Ambiente e cambo climáticoa.

• Separata para o Ministerio de Transportes.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación , deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 2 de marzo de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo