DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 25 de marzo de 2026 Páx. 19876

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de comunicación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de 15 días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febrero, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, e á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei, así como as ordes de execución subsidiaria para a xestión da biomasa vexetal nas parcelas coas referencias catastrais que se indican a continuación.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Transición Ecolóxica, Obras e Servizos Públicos), situadas na rúa do Concello, nº 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Comunicacións de xestión de biomasa:

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

Propietario

Liquidación provisional

1547313X

0043310NH59045S

Rúa Vixía (Culleredo)

En investigación

214,72 €

1547318D

15031A01400083

Rúa Vixía (Culleredo)

Aperribay Pita de Veiga Ángel (herdeiros de)

984,51 €

1533039X

15031A00900543

Rúa Xosé Neira Vilas (Rutis)

En investigación

307,56 €

Ordes de execución subsidiaria:

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

Propietario

Liquidación provisional

1484408D

15031A02500061

Lugar do Castro

(Cillobre-Culleredo)

María González Bello

(herdeiros de)

431,55 €

1596153E

15031A05700347

Lugar Os Pereiros (Celas)

En investigación

1.062,43 €

Culleredo, 3 de marzo de 2026

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente