No Boletín Oficial da provincia número 50, do 16 de marzo de 2026, publicáronse integramente as bases e a convocatoria que rexerán o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de funcionario/a de carreira, categoría auxiliar administrativo/a, correspondentes ao grupo C, subgrupo C2, escala de Administración xeral, subescala administrativa.
O prazo para presentar as instancias será de vinte (20) días naturais, que se contarán a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como recollen as bases do proceso.
O anterior faise público para xeral coñecemento.
Porto do Son, 12 de marzo de 2026
José Luis Oujo Pouso
Alcalde
