DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 25 de marzo de 2026 Páx. 19881

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Nogais

ANUNCIO da oferta de emprego público no ano 2026 (expediente 64/2026).

Por decreto de Alcaldía nº 2026-0055, do 2 de marzo de 2026, resolveuse aprobar a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao ano 2026 no ámbito do Concello das Nogais, coa seguinte relación de prazas ofertadas:

Persoal funcionario

Denominación do posto

Escala

Subescala

Grupo Clasificación profesional

CD

Sistema de acceso

Auxiliar administrativo

Administración xeral

Auxiliar

C2

14

Oposición libre

Persoal laboral

Denominación do posto

Grupo de cotización

Sistema de acceso

Auxiliar do servizo de axuda no fogar

6

Oposición libre

Auxiliar do servizo de axuda no fogar

6

Oposición libre

De conformidade coa parte dispositiva da referida resolución e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Lugo durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da referida publicación, sen prexuízo de que se poda interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

As Nogais, 2 de marzo de 2026

Jesús Manuel Núñez Díaz
Alcalde