De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIF 45848551Y a Resolución do 18 de febreiro de 2026, ditada no expediente de autorización de obras DH.W15.108865.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou no teléfono 981 54 47 26.
Así mesmo, indícase que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor, de conformidade cos artigos 121 e 122 da LPAC, recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026
Jesús Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Demarcación Centro
