En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente E-1178-P e tres máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026
José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico
ANEXO
|
Expediente |
Titulares |
VMA (m³) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
E-1178-P |
Severino Pazos Pazos |
1,5 l/s |
Río Liñares |
Rega |
L: Ponte de Liñares |
|
E-64-2468-C |
José Suárez Alonso e Carmen Pais Lois |
142 l/s |
Río Nantón |
Forza motriz |
C: A Baña |
|
E-62-1386-C |
José Cousillas Lema, Pilar García Rial, Josefa Lema Fernández, Manuel Castro García, Alfredo Castro García, José Fernández Varela, herdeiros de José García Fondo, herdeiros de Elvira Fondo Lema |
150 l/s |
Río Devesa, Barcia ou |
Forza motriz |
C: Cabana de Bergantiños |
|
E-66-7667-C |
Hilaria Posada Fernández e Avelino Posada Rodríguez |
0,25 l/s |
Arroio Cedeiras |
Rega |
L: Tremedoiro ou Ramil |
