De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 11 de marzo de 2026 sobre a modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Touro, no concello de Touro.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3064).
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
