DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 26 de marzo de 2026 Páx. 20116

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Castro do Medio

ANUNCIO da primeira convocatoria da asemblea xeral para a constitución desta comunidade.

O que subscribe, Enrique Besada Piñeiro, veciño do lugar de Castro do Medio, parroquia de Castro (Santa Baia), concello de Cerdedo-Cotobade, por este anuncio convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa.

A asemblea terá lugar o vindeiro sábado 18 de abril de 2026, na Casa da Sociedade de Castro, ás 17.00 horas (primeira convocatoria) e ás 17.30 horas (segunda convocatoria), coa seguinte orde do día:

1. Elaboración dunha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo vivenda, ref. catastral, etc.) para constituírse en comunidade de usuarios e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e o domicilio da Comunidade.

2. Aprobación das bases ás cales, dentro da lexislación vixente, se terán que axustar os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a Comunidade.

3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da Comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Castro do Medio, 4 de marzo de 2026

Enrique Besada Piñeiro
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Castro do Medio

ANEXO

Modelo de representación/delegación

Don/Dona_______________________________________, con DNI _______________, autorizo a don/dona ______________________________, con DNI _______________ , para que me represente na primeira asemblea do 18 de abril de 2026 da Comunidade de Usuarios de Augas de Castro do Medio (Cerdedo-Cotobade).