Aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral, técnico electricista e de mantemento, para o Concello de Coirós, mediante sistema de concurso-oposición, no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 35, do 23 de febreiro de 2026, aparecen integramente publicadas as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico electricista e de mantemento vacante no cadro de persoal municipal.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do mesmo concello coiros.com
Coirós, 27 de febreiro de 2026
Francisco Quintela Requeijo
Alcalde
