DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 27 de marzo de 2026 Páx. 20334

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 28 de outubro).

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (DOG núm. 208, do 28 de outubro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión. Para isto deberán acceder a fides.xunta.gal e realizar as alegacións que consideren oportunas. Só no caso de non ser posible realizar as alegacións por medio desta aplicación informática, deberán realizalas a través do rexistro presencial ou sede electrónica da Xunta de Galicia.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal