A Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de tres prazas de persoal: un posto de dirección, un de persoal de apoio á investigación e outro de administración e xestión.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web da Fundación: https://www.fundacionbiomedica.es/empleo/
O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 23 de marzo de 2025
Beatriz Gil de Araujo de Simón
Directora da Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur
