En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesión indicadas no anexo, correspondente ao expediente E-1204-C e sete máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026
José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico
ANEXO
|
Expediente |
Titulares |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
E-1204-C |
Jesús Vázquez Vázquez |
20 l/s |
Arroio |
Forza motriz |
L: Monte de Martín ou Pena do Crego |
|
E-1280-C |
Ventura Núñez Pais |
60 l/s |
Arroio |
Forza motriz |
L: San Cristobal |
|
E-319-L |
Pedro Ramos Amarelo e outros |
50 l/s |
Arroio |
Forza motriz |
L: Seixón de Abaxo |
|
E-1253-C |
Manuel Sánchez Mosquera |
240 l/s |
Río |
Forza motriz |
L: Beledo |
|
E-1211-C |
Juan Gándara Soneira |
500 l/s |
Río |
Forza motriz |
L: Ogas |
|
E-307-C |
Avelino Mouriz Montero e Manuel Sisto Sedes |
200 l/s |
Arroio |
Usos industriais |
C: San Sadurniño |
|
DH.A36.14761 |
María Luz Vázquez Canda |
30.326 m3 |
Río |
Forza motriz e rega |
L: Mera |
|
DH.A15.25282 |
SAT Casas Novas |
5.810 m3 |
Pozo |
Doméstico e gandeiro |
L: Fontorto |
