DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 27 de marzo de 2026 Páx. 20385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por termo do prazo de concesións de augas (expediente DH.A36.5014 e catorce máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.5014 e catorce máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titulares

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.5014

Comunidade de Usuarios de Taboadelo

17.345 m3

Catro mananciais

Doméstico

L: Monte da Pinosa, Poza das Pías e Os Castelos
C: Ponte Caldelas

DH.A36.5044

José Benito Legerén Buceta

3.153 m3

Manancial

Rega

L: Vilariño
P: O Hío (Santo André)
C: Cangas

DH.A36.1823

Manuel Agra Vázquez

315 m3

Manancial

Doméstico e rega

L: Basadroa-Eidián
P: Eidián (Santiago)
C: Agolada

DH.A15.09461

José Santiago Fernández Conde e Francisco Canabal Barco

2.081 m3

Manancial e pozo

Doméstico e rega

L: Cachosenande
P: Lestedo (Santa María)
C: Boqueixón

DH.A15.12016

Comunidade hereditaria de Evangelina Troitiña Barbazán

2.135 m3

Manancial

Doméstico

L: Reibo
C: Negreira

DH.A36.5103

María Armas Guerra

5.361 m3

Manancial

Doméstico e rega

L: Monte Aián
P: As Trabancas (San Mamede)
C: Agolada

DH.A15.12131

Herminia Ferreira Torrado e María Hermida Torrente

315 m3

Manancial

Doméstico

L: Filgueiras de Abaixo
P: San Xurxo de Moeche (San Xurxo)
C: Moeche

DH.A36.4096

Comunidade de Usuarios de Tres Mananciais

23.360 m3

Tres mananciais

Doméstico

P: Armenteira (Santa María) e Meaño (San Xoán)
C: Meis e Meaño

DH.A27.2994

Herminia García García

158 m3

Pozo

Doméstico

L: A Balsa Pequena
P: Vilapedre (San Mamede)
C: Vilalba

DH.A36.6621

Comunidade de Usuarios de Carballosas de Arriba

2.208 m3

Manancial

Doméstico

L: Carballosas de Arriba
P: Macenlle (Marín-San Xián)
C: Marín

DH.A15.12169

Germán Barreiro Maña e herdeiros de Ramón Barreiro Maña

5.000 m3

Manancial

Rega

L: Samil de Abaixo
P: Arca (Santaia)
C: O Pino

DH.A36.5649

Comunidade de Augas «Depósito de Augas do Castro»

6.938 m3

Dous mananciais

Doméstico

L: Castro
P: Tenorio (San Pedro)
C: Cerdedo-Cotobade

DH.A15.16403

Comunidade de Usuarios Pedreira do Medio

3.785 m3

Manancial

Doméstico e gandeiro

L: Prado da Granxa (Portiño)
P: Moar (Santaia)
C: Frades

DH.A15.13043

Luis Villar Fernández

15.767 m3

Dous mananciais

Rega

L: Vilardamaceira
P: Cumbraos (San Xiao)
C: Sobrado

DH.A36.4759

Mercedes Costas Rubio

88 m3

Manancial

Doméstico

L: Carregal
P: Panxón (San Xoán)
C: Nigrán