DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 27 de marzo de 2026 Páx. 20381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente DH.T15.11892 e cinco máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.T15.11892 e cinco máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.T15.11892

José Bao Varela

235 l/s

Río

Forza motriz

C: Frades

DH.A36.1017

Comunidade de Regantes de Xesteira,

Rascadeira e Vilanova

48 l/s

Río

Rega

C: Cerdedo-Cotobade

E-66-7665-C

Ángela Lago Fernández, Hilaria Posada Fernández, Jesusa Fernández Lago e Secundino Fernández Lago

0,5 l/s

Regato

Rega

L: Cerdeiras
P: Veiga (Santo Adrao)
C: Ortigueira

E-62-4203-C

América Corral Tojeiro, Antonio Corral Tojeiro, Emilia Corral Tojeiro, Hortensio Ramil Penabad e María Corral Tojeiro

9 l/s

Regato

Produción de enerxía hidroeléctrica

C: As Pontes de García Rodríguez

E-74-453-C

Antonio Fernández Martínez, Carmen Martínez Sánchez, Dolores Fernández Fernández, José Fernández Fernández, Raúl Martínez Martínez, e Santiago Fernández Fernández

158,06 l/s

Río

Forza motriz
Rega

C: Coristanco

E-173B-C

Francisco Muíño Barro

0,25 l/s

Río

Rega

C: Cedeira