En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A36.4713 e oito máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026
José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento
do Dominio Público Hidráulico
ANEXO
|
Expediente |
Titulares |
VMA (m³) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A36.4713 |
Jesús Carbia Pereiras |
29.320 m³ |
Río |
Rega |
L: Ribeira P: Santeles (San Xoán) C: A Estrada |
|
DH.A36.6223 |
Comunidade de Usuarios Vilariño |
1.580 m³ |
Manancial |
Doméstico |
L: Vilariño P: Lamela (San Miguel) C: Silleda |
|
DH.A36.4772 |
Luisa Loveira Loveira |
2.208 m³ |
Manancial |
Doméstico e rega |
L: Castiñáns P: Cela (Santa María) C: Bueu |
|
DH.A36.5208 |
Alfredo Canabal Liñares |
3.500 m³ |
Manancial |
Rega |
L: A Pallota P: Refoxos (San Paio) C: Silleda |
|
DH.A36.5515 |
Dolores Somoza Guardado |
992 m³ |
Río |
Rega |
L: Casal-Senrás P: Baión (San Xoán) C:Vilanova de Arousa |
|
DH.A36.05892 |
Jesús Rodríguez Fondevila |
8.515 m³ |
Manancial |
Rega |
L: San Martiño P: Negreiros (San Martiño) C: Silleda |
|
DH.A36.5149 |
Rafael Lodeiro Barral |
1.261 m³ |
Río |
Rega e gandeiro |
L: A Capela P: Grés (Santiago) C: Vila de Cruces |
|
DH.A36.6956 |
Divina Dopazo Fernández, Ramón Martínez Carregal e Modesto Mourez Conde |
946 m³ |
Manancial |
Doméstico |
L: Pedrouzos P: Afora (San Xián) C: Marín |
|
DH.A15.11602 |
Antonio Cebeiro Carbia |
0,11 l |
Río |
Rega |
L: Ribeira P: Sarandón (San Pedro) C: Vedra |
