DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 30 de marzo de 2026 Páx. 20512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de marzo de 2026, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para utilizar o departamento número 2-G, o pañol número 10-P e o armario número 8-T, no dominio público portuario de San Pedro de Visma.

Ao quedaren dispoñibles o departamento número 2-G, o pañol número 10-P e o armariño número 8-T no dominio público portuario de San Pedro de Visma, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O anterior faise público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, e en todo caso deberán acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do prazo establecido, e que no caso contrario non será admitida. Deberase emendar a súa presentación tomándose como data de presentación a da emenda, co risco no caso de trámites sometidos a prazos preclusivos de que perdan o dereito ao trámite ou incluso o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento de que se trate.

A Coruña, 11 de marzo de 2026

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro