DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 30 de marzo de 2026 Páx. 20502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 12 de marzo de 2026, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VI482F3200137 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o director xeral do IGVS por proposta da xefa da Área Provincial de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, núm. 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 12 de marzo de 2026

Esther Rodríguez Casal
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

VI482F3200137

12499425Y

Resolución de denegación da axuda

VI482F3200299

X6238413P

Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda

VI482F3200553

34991561M

Resolución de desistencia da solicitude de axuda