A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, establece no seu artigo 157 o destino dos produtos e bens incautados.
No caso de bens incautados cautelarmente pola Comisión de Infraccións, e dos cales non se coñece o seu propietario, non é posible a tramitación do correspondente procedemento sancionador e, asemade, non é posible requirir para a súa retirada ao descoñecerse a súa titularidade.
Debido aos problemas de ocupación das instalacións onde se depositan e custodian os citados bens mobles (artes, aparellos, útiles de pesca e marisqueo, equipamentos e outros accesorios) e do gasto derivado, procede, por analoxía e unidade de razón co disposto no artigo 157.5 e 6, considerar os referidos bens incautados cautelarmente e dos cales non se coñece o titular declarados en abandono.
Non obstante o anterior, durante o prazo de seis (6) meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio do Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas poderán presentar reclamación xustificando a titularidade dos bens afectados e retiralos dentro dese mesmo prazo.
Unha vez transcorrido ese prazo de seis meses sen a reclamación e retirada dos bens, serán declarados en abandono e o órgano competente da consellería poderá decidir á súa venda en poxa pública, a súa entrega a entidades sen ánimo de lucro ou de carácter benéfico ou a súa destrución.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2026
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Relación de bens que incorren no procedemento
de declaración de abandono
|
Acta: 202324769 |
Data: 2.9.2024 |
Nº embarcación: 244 |
|
Características: Bote de PRFV con cuberta de cor branca e costado branco e azul. Medidas: eslora 3,85 m, manga 1,60 m, puntal 0,45 m. Sen motor. 2 remos de madeira. |
||
|
Acta: 202316532 |
Data: 15.4.2025 |
Nº embarcación: 251 |
|
Características: Planadora de PRFV con cuberta de cor azul e costado branco e azul. Medidas: eslora 4,65 m, manga 1,80 m, puntal 0,60 m. Motor foraborda Yamaha 25VMH, n/s: 61R L 317264. |
||
|
Acta: 201211523 |
Data: 25.2.2014 |
Nº embarcación: 43 |
|
Características: Planadora de PRFV de cor vermella. Medidas: eslora 5,10 m, manga 1,90 m, puntal 0,5 m. Motor foraborda sen placa identificadora. |
||
|
Acta: 11227-C |
Data: 6.6.2007 |
Nº embarcación: 3 |
|
Características: Planadora de PRFV con cuberta e costado de cor azul. Medidas: eslora 5,10m, manga 1,96 m, puntal 0,50 m. Motor foraborda Yamaha 60 CV, n/s: 617 S0013B. |
||
|
Acta: 92302-C |
Data: 11.7.2012 |
Nº embarcación: 30 |
|
Características: Planadora de PRFV con cuberta e costado de cor vermella. Medidas: eslora 5,30 m, manga 1,98 m, puntal 0,80 m. Motor foraborda sen placa identificadora. |
||
|
Acta: 201533619 |
Data: 3.10.2017 |
Nº embarcación: 187 |
|
Características: Planadora de PRFV con cuberta de cor azul e costado de cor vermella. Medidas: eslora 5,93 m, manga 2,15 m, puntal 0,69 m. Motor foraborda Envinrude 130, sen placa identificadora. |
||
|
Acta: 202324701 |
Data: 1.8.2024 |
Nº embarcación: 243 |
|
Características: Embarcación pneumática de cor branca. Modelo King Light 200, nº serie CN- HFB04795B020. Medidas: eslora 2 m, manga 1,29 m, puntal 0,20 m. Sen motor. |
||
|
Acta: 48/2008 Garda Civil |
Data: 29.3.2008 |
Nº embarcación: 20 |
|
Características: Planadora de PRFV con cuberta e costado de cor azul. Medidas: eslora: 4,70m, manga: 1,70 m, puntal: 0,60m. Motor foraborda 9,9 CV, placa identificadora nº L455115X. |
||
|
Acta: 201405290 |
Data: 20.2.2014 |
Nº embarcación: 37 |
|
Características: Planadora de PRFV de cor vermella. Medidas: eslora 4,10 m, manga 1,70 m, puntal 0,55 m. Sen motor. |
||
|
Acta: 95808-C |
Data: 22.3.2012 |
Nº embarcación: 39 |
|
Características: Bote de PRFV con cuberta de cor gris e costado de cor azul. Medidas: eslora 4,90 m, manga 1,78 m, puntal 0,70 m. Sen motor. |
||
|
Acta: 58080-C |
Data: 18.11.2009 |
Nº embarcación: 118 |
|
Características: Planadora de PRFV con cuberta e costado de cores azul e branca. Medidas: eslora: 4,70 m, manga: 1,95 m, puntal: 0,65 m. Sen motor. |
||
|
Acta: s/n (acta Confraría de Rianxo) |
Data: 20.6.2018 |
Nº embarcación: 199 |
|
Características: Planadora de PRFV con cuberta e costado de cor gris. Medidas: eslora: 5 m, manga: 1,70 m, puntal: 0,60 m. Motor Yamaha 40CV Placa identificadora: 40MJ-6J4-L306924. |
||
|
Acta: 201524464 |
Data: 17.2.2017 |
Nº embarcación: 145 |
|
Características: Planadora de PRFV con cuberta e costado de cor branca. Medidas: eslora: 5 m, manga: 2 m, puntal: 0,70 m. Motor Yamaha 40CV Placa identificadora: F40BMHDL-67C-L300393. |
||
