DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 30 de marzo de 2026 Páx. 20495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PSC-PO-0564/2025-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0564/2025-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e a constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para o trámite de audiencia.

Vigo, 13 de marzo de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-PO-0564/2025-PPM

15493466E

Proposta de resolución