Unha vez rematado o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 26 de febreiro de 2026 (DOG núm. 45, do 9 de marzo), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), que se relacionan no anexo desta resolución, e adxudicarlles como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.
Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos e nome |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Formación |
Observacións |
|
2 |
***9559** |
Oural García, Felipe |
MRA112200327500006 |
Xefatura Sección Formación e Exp. Agraria |
MR |
Centro de Formación e Experimentación Agroforestal «Pedro Murias» (Ribadeo) |
Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) |
Ribadeo |
A1-A2 |
22 |
Certificación negativa do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño (R.I.) |
Xornada especial |
|
3 |
***5720** |
Salvador López, Leticia |
MRA112500336001007 |
Xefatura Sección C Formación e Exp. Agroforestal |
MR |
Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra) |
Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) |
Pontevedra |
A1-A2 |
22 |
Certificación negativa do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño (R.I.) |
Xornada especial |
