DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 30 de marzo de 2026 Páx. 20478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio ANXEF3KM//89-5-2 e RC na LMTA FRI808, no concello da Cañiza.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio ANXEF3KM//89-5-2 e RC na LMTA FRI808, que se realizarán na Casa do Concello da Cañiza, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 13 de marzo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/106-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución do apoio ANXEF3KM//89-5-2 e RC na LMTA FRI808.

Concello: A Cañiza.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

1

36009B512010900000FJ

As Leiras

Descoñecido

20 de maio de 2026

13.00