DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 30 de marzo de 2026 Páx. 20475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de Bande (expediente IN407A 2025/64-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Cambio de sección CCH802 LAC-30 a LA-56, na casa do concello de Bande, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer neste acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 13 de marzo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/64-3.

Instalación: cambio de sección CCH802 LAC-30 a LA-56.

Concello: Bande.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 4 de maio de 2026.

Lugar: Casa do Concello de Bande.

Hora: véxase a táboa.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

1

Val Bande

32007B501001320000GL

José Manuel Garrido

12.15

4

Xanxau

32007B501000460000GX

Descoñecido/a

12.45

5

Bouzoas

32007A100011120000IZ

Descoñecido/a

12.45

6

Moa Grande

32007A100012150000IY

Descoñecido/a

12.45

7

Carballo

32007A100011760000IZ

Descoñecido/a

12.45

8

Gordoliño

32007A100011490000IB

Descoñecido/a

12.45

9

Carreira

32007A099001380000XA

Descoñecido/a

12.45

14

Carballa

32007A096003180000XO

José González

12.35

15

Fonte

32007A096003480000XF

Julio Pérez Domínguez

12.25

18

Eiroa

32007A096004070000XP

Descoñecido/a

12.45

19

Ponte Nova

32007A095007840000XQ

Descoñecido/a

12.45

20

Froxa

32007A095001950000XE

Descoñecido/a

12.45

22

Veiga

32007A095001470000XT

Descoñecido/a

12.45

24

Carballo

32007A100011780000IH

Descoñecido/a

12.45